Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Asignaturas
  Fonética e Fonoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións presencias suman 16 horas. Aproximadamente a metade delas adicarase a sesións maxistrais nas que o profesor transmitirá aos alumnos diferentes contidos apoiándose na análise de casos e problemas concretos.
Análise de fontes documentais Este será un método de traballo habitual tanto na aula como fóra dela. O estudante debe analizar diferentes fontes documentais, xa sexan en papel ou electrónicas, contando coa guía do profesor, contrastando a información nelas recollidas coa xa posuída e coa doutras fontes. É esencial manter unha actitude crítica e aberta no proceso.
Lecturas O profesor achegaralle oportunamente ao estudante unha listaxe cunha serie de lecturas obrigatorias, que deberá ter lido no momento que aquel lle indique. As lecturas obrigatorias proporcionaranlle ao estudante os coñecementos básicos necesarios para poder comprender e aproveitar adecuadamente os contidos e métodos de análise que se traten nas sesións presenciais.
Ademais, o profesor tamén poderá achegarlle ao alumno (i) lecturas complementarias e/ou optativas que aprofunden nos contidos tratados ou considere recomendables, e (ii) fontes bibliográficas para a realización dos traballos e/ou actividades que se lle encomenden.
Traballos tutelados O estudante deberá elaborar un traballo tutelado de carácter investigador, no que demostre os coñecementos e competencias acadados. Non se tratará dun tema cuxas características sexan determinados polo profesor, senón dunha serie de problemas teórico-prácticos que o estudante deberá resolver. O profesor fará un seguimento do estudante durante o proceso. Coincide coa proba mixta.
Solución de problemas Plantexaremos problemas para cuxa solución precisemos decidir que técnica/s de análise convén empregar, cal é a mellor estratexia de resolución, onde podemos obter información que nos axude... Con esta forma de traballo preténdese que o estudante sexa flexible e creativo na súa forma de traballo, á vez que esixente coa cientificidade do proceso de resolución escollido.
Estudo de casos Con este método preténdese que o futuro investigador aprenda a traballar con situacións reais de xeito colaborativo, valorando a posición e argumentación dos demais e sabendo expor e defender de forma adecuada e convincente as propias. É importante que neste proceso saiba aproveitar, e non só respectar, as ideas alleas, integrándoas e recoñecendo a súa fonte, así como a que a súa propia aportación sexa recollida e recoñecida polos outros. Esta metodoloxía está fortemente vinculada á solución de problemas.
Obradoiro Esta será a forma básica de traballo do curso: utilizaremos distintas metodoloxías para ir desenvolvendo os contidos da materia, pero todas elas procurarán conectar en todo momento. Plantexaremos para isto breves debates sobre cuestións específicas, invitaremos a resolver pequenos problemas, traballaremos de forma colaborativa contrastando distintos métodos de análise e descrición dos fenómenos fonéticos, ...
Proba mixta Baixo esta etiqueta recóllese unha serie de actividades eminentemente prácticas de diferente carácter, propósito e nivel de dificultade, que suporán unha parte substancial da cualificación do curso. Tratarase de estudos de caso, problemas teóricos e aplicados, análises e/ou tratamento de datos que requiren do estudante que saiba aplicar os coñecementos e habilidades mínimos esixidos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes