Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Asignaturas
  Fonética e Fonoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Un traballo tutelado de carácter investigador. Lea atentamente o apartado de observacións. 40
Obradoiro Esta porcentaxe corresponde á lectura e aproveitamento dos materiais, á participación activa na aula e ao desempeño xeral do estudante. Lea atentamente o apartado de observacións. 10
Proba mixta Baixo esta etiqueta recollemos as distintas actividades avaliables de carácter esencialmente práctico que deberá realizar o estudante. Lea atentamente o apartado de observacións. 50
 
Observacións avaliación

Por esixencia do deseño da aplicación coa que se elabora esta guía docente, as porcentaxes ofrecidas arriba non se corresponden ben coas metodoloxías ás que se adxudican. Lea atentamente a información que segue.

1.
É imprescindible asistir ás sesións presenciais, dado o plantexamento teórico-aplicado que se fai da materia.

2. A cualificación do estudante responderá ás seguintes porcentaxes:
2.1. O estudante recibirá un 20% da súa cualificación final pola lectura e aproveitamento dos materiais, a súa participación activa nas aulas e o seu desempeño xeral. 2.2. Obterá un 80% pola realización de varias actividades: nelas plantexaránselle problemas e casos prácticos para cuxa solución deberá aplicar os coñecementos e habilidades adquiridos.

3. No caso de non acadar o aprobado ou non presentarse, os alumnos contan cunha segunda oportunidade en xullo de 2013. Nela deberán completar as actividades e/ou traballos avaliables encomendados e non entregados, ou realizar outros novos segundo as indicacións do profesor. O reparto porcentual será idéntico ao da primeira oportunidade. 4. Os estudantes que teñan unha dispensa académica oficial recibirán o 100% da súa cualificación polas actividades avaliables de curso que se encomenden.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes