Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Asignaturas
  Morfoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión.
Lecturas Deteminaranse de acordo coa orientación do traballo tutorizado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Baixo a dirección do profesor, o/a alumno/a realizará un traballo de carácter teórico ou teórico-práctico no que profundizará no contido dalgún dos temas da materia mediante o manexo de bibliografía especializada (traballo teórico) ou ben aplicará os coñecementos adquiridos á análise dalgún corpus, electrónico ou en soporte de papel (nos traballos de carácter teórico-práctico). En todo caso, a elección de tema, bibliografía e corpus que se manexe será acordada co profesor.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes