Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Asignaturas
  Bilingüismo e didáctica comparada das linguas romances
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia a clases, así coma a participación activa na mesma, nos comentarios sobre as lecturas e no subseguinte debate sobre os problemas tratados. 20
Presentación oral Certas lecturas han ser comentadas directamente polo alumno na clase. Tamén será de interese de todos coñecer o tema de traballo de curso que escolle e o estado das súas pescudas. 15
Lecturas Realizaranse lecturas de curso, valorando o grao de comprensión das mesmas, e a conseguinte capacidade do alumno de contribuír á clase e ó debate. Ademais, as lecturas constitúen a base de partida inexcusable para a realización do traballo de curso. 25
Traballos tutelados Cada alumno realizará un traballo de curso, consistente nunha pequena investigación, e dunha extensión dunhas 15 páxinas como máximo. 40
 
Observacións avaliación
O alumno que o desexe poderá realizar baixo a miña dirección o traballo máster de investigación, sobre un tema relacionado cos contidos tratados no curso. Os resultados dirimiranse nas convocatorias de xuño ou de xullo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes