Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Asignaturas
  Principios de lexicografía
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase o grao de consecución dos obxectivos e competencias fixados. 40
Solución de problemas Terase en conta a participación nas sesións correspondentes, a capacidade de crítica e achega de ideas. 15
Estudo de casos Terase en conta a participación nas sesións correspondentes, a capacidade de análise e a achega de ideas. 15
Sesión maxistral Terase en consideración a asistencia ás clases e a participación activa nas mesmas. Salvo causa xustificada, se o número de faltas é superior ao 10%, o alumno non recibirá esta puntuación; se o número de faltas está entre o 5 e o 10%, a puntuación neste apartado será do 50%, e se é inferior ao 5%, será do 100%. 10
Recensión bilbiográfica Será obxecto de avaliación a adecuación do exercicio ás pautas fixadas nas clases, a capacidade de síntese, de análise e de reflexión crítica. 20
 
Observacións avaliación

Se durante o curso se producise algunha circunstancia especial ou se programase algunha actividade que puidese resultar de interese para o curso (conferencia, congreso...), poderá producirse unha pequena modificación nas porcentaxes de avaliación.


O alumno será avaliado se realiza 2 actividades avaliables. Para aprobar será necesario que obteña un mínimo de 4 no traballo tutelado e un mínimo de 6 no resto das actividades conxuntamente (deberá facer polo menos 2 delas).


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes