Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Asignaturas
  Ideoloxía política e diccionario
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos conceptos. Ocasionalmente, a exposición poderá estar acompañada por presentacións. Tamén se comentará a bibliografía recomendada.
Ao longo das sesións maxistrais os discentes poderán intervir e establecer pequenos debates.
Solución de problemas Actividade práctica. Formularanse na aula (durante as sesións presenciais) ou a través da plataforma TEMA unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia. O obxectivo é reflexionar de forma crítica e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos e as metodoloxías de análise que se van adquirindo.
Aprendizaxe colaborativa Actividad práctica. Durante as horas presenciais proporanse tres tarefas que terán que ser realizadas na aula en colaboración cos compañeiros e co docente. En todas elas terase que aplicar a metodoloxía de análise do discurso aos casos propostos ou a capacidade para resumir as ideas fundamentais dalgún artigo que será previamente lido.
Traballos tutelados Actividade teórico-práctica. Promoverase a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes