Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
 Asignaturas
  Comunicación interlingüística e intercultural: a tradución
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións presenciais de exposición por parte da profesora dos contidos da materia obxecto de estudo.
Servirán para:
a) introducir e presentar as diferentes unidades do programa
b) sistematizar aspectos e problemas abordados
c) propor puntos de debate
d) establecer as directrices e guiar as actividades a desenvolver polos estudantes.
Discusión dirixida Sesións presenciais participativas nas que se debatirá sobre determinadas cuestións do programa. Terán lugar en combinación coas clases maxistrais.
Actividades iniciais Sesión presencial na que:

1) preséntanse os diferentes aspectos da materia en relación con: contidos, planificación e metodoloxía docente e sistema de avaliación;

2) resólvense posibles dúbidas en relación con estas cuestións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela da profesora. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes