Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Teoría e crítica nos estudios literarios
   Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. AM1
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AM2
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. AM4
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. AM6
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural. AM7
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM13
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. BM4
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. BM5
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. BM7
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. BM9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes