Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Estudios do libro e edición
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Avaliarase o grao de coñecemento dos contidos da materia adquiridos nas clases e a través das lecturas e traballo persoal do alumno, así como a capacidade de aplicalos. Na proba terase en conta, ademais, o seguinte:
- claridade expositiva
- corrección lingüística
- capacidade de síntese e de análise
40
Traballos tutelados Terase en conta a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), aplicación dos coñecementos adquiridos, coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido.
40
Obradoiro Realizaranse obradoiros diversos na aula, que serán obxeto de avaliación 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia. é necesario, cando menos, o 50% da cualificación máxima en todas as actividades avaliadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar tódolos instrumentos de avaliación arriba descritos, coas mesmas porcentaxes que na primeira edición. Nesta segunda oportunidade a data de entrega das actividades e traballos tutelados será a mesma fixada para o exame.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa
académica deberán entregar as actividades  avaliábeis nas condicións e nos
prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora
comunicará a alumnado afectado no inicio do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes