Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura e arte
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Ofrecerase un achegamento teórico aos temas principais, con indicacións de recursos para adquirir os contidos e poder realizar os exercicios prácticos.
Discusión dirixida Exporanse con antelación temas de discusión que serán dirixidos pola profesora e na que a participación dos alumnos é obrigada
Traballos tutelados O alumno ha de realizar varios traballos de distinta entidade, ao longo do curso, para superar a materia. O de maior profundidade, que haberá de defender en público, será tutelado pola profesora. Na avaliación deste traballo teranse en conta os seguintes criterios:
- orixinalidade
- estructuración
- claridade expostitiva
- calidade expresiva
- profundidade de análise
- logro dos obxectivos propostos
Presentación oral O alumno haberá de presentar en público o traballo tutelado realizado e ser capaz de responder a cantas preguntas fáganselle respecto de obxectivos, estrutura, metodoloxía e fontes. Para a súa cualificación teranse en conta os seguintes aspesctos:
- claridade e fluidez expositiva
- emprego de recursos de apoio
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a conferencias programadas como complemento da materia
Lecturas A profesora indicará cales son as lecturas obrigatorias ou recomendadas para a asimilación correcta dos contidos da materia. O alumno ha de realizar con aproveitamento as lecturas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes