Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura española e hispanoamericana: Xéneros
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Na avaliación do traballo tutelado teranse en conta os seguintes aspectos:
-profundidade e rigor na investigación
-correcta organización e estruturación discursiva
-correción expresiva
-seguimento dos criterios formais establecidos
50
Obradoiro Os diferentes exercicios do obradoiro poderán ser avaliados de maneira global ou individual, poderán ser prácticas escritas entregadas na aula ou propostas para resolver un problema teórico en varias sesións.

O obradoiro tamén contempla, eventualmente, a asistencia a eventos culturais nos que se pode solicitar un exercicio práctico inmediato, para avaliar a súa resolución.
50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario ter realizado satisfactoriamente todas as actividades: traballo tutelado  e participación activa nas propostas do obradoiro.

No caso de alumnado con dispensa académica de docencia arbitrarase un sistema que permita ofrecer similares evidencias do traballo realizado que o resto.

En caso de non acadar o aprobado (ou de non presentarse), o alumnado conta cunha segunda oportunidade. Nela, deberán realizar unha proba que lles solicitarán os profesores e que se deseñará de modo específico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes