Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura e cultura galegas no século XXI
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas A avaliación das lecturas obrigadas realizarase durante as sesións de "Presentación oral" para aqueles alumnos (as) a quen corresponda o papel de público. 40
Presentación oral Na avaliación desta actividade terase en conta, ademais do contido, a clareza expositiva e a corrección lingúística. 30
Análise de fontes documentais A avaliación deste tipo de traballo será continua e realizada sobre a participación do(a) alumno(a) nas activades na aula. 30
 
Observacións avaliación

 


Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.



O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante. 


O alumnado que non teña superado a materia na convocatoria de xuño será avaliado seguindo os mesmos criterios na segunda convocatoria. Así, a avaliación da presentación oral e das lecturas obrigatorias realizarase no día e hora marcados como data oficial do exame da convocatoria de xullo.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes