A
avaliación
do seminario será feita de forma continua. Nela serán levados en
conta non apenas os itens referidos no lugar correspondente mais
tamén, de maneira transversal, as competencias lingüísticas,
argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo
do proceso de ensino-aprendizaxe.
Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no início das sesións.
As persoas matriculadas a tempo parcial e que
solicitasen e obtivesen dispensa académica realizarán ou
entregarán as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
co profesor. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.
Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar na altura da segunda edición ordinaria, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.
Será considerado Non
Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar ás probas
escritas ou que non presentar ningunha das actividades.