Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Temas e liñas de investigación en literatura e cultura portuguesas
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 25
Lecturas Avaliación da lectura das obras realizada polo/a alumno/a ao longo do curso. 20
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. 40
Traballos tutelados Avaliación dos texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido pola profesora, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigada. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

O alumnado que non se presente ou suspenda na primeira convocatoria deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios, seguindo as mesmas pautas indicadas.

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non
asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das
actividades contempladas inferior ao 50%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes