Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Tecnoloxías lingüísticas
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. 65
Prácticas a través de TIC O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e diccionarios electrónicos dispoñibeis na web. 20
Obradoiro Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 15
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1.  O plaxio
total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser
recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa
esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2. A
CUALIFICACIÓN FINAL
responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 65% obterase polos
traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se
fixarán na aula.

2.2) Un 15% obterase da
realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se
realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a
evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a
colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa
aprendizaxe colaborativa.

2.3) Un 20% responderá as prácticas autónomas a través das TIC que os estudantes realizarán ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula.

Moi importante: Este
reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidad e
participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa
especial que xustifique a falta de asistencia recibirán un 100% da súa nota
final pola realización dos traballos tutelados tanto na primeira coma na segunda oportunidade.

CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. De
suspender a materia en xaneiro por non acadar 5 puntos, o alumno deberá
realizar as actividades sustitutivas que se lle encomenden para a 2ª
oportunidade. Estas actividades
sustitutivas serán anunciadas no momento de comunicar a nota de 1ª
oportunidade. A nota destas actividades constituirá o 100% da cualificación final.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes