Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Recursos bibliográficos e xéneros científicos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O curso desenvolverase a través de aulas presenciais e do traballo persoal autónomo dos/das estudantes en horas non presenciais (estudo do temario a través das lecturas obrigatorias, preparación dos exercicios de aplicación e elaboración dun traballo tutelado).
O curso iniciarase cunha sesión presencial en que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e os sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formulen os/as estudantes en relación con estas cuestións.
Os temas do programa impartiranse a través da exposición básica dos contidos e da presentación de recursos por parte do profesor en SESIÓNS MAXISTRAIS.
Lecturas Realizaranse LECTURAS semanais de textos previamente escollidos e dispostos para o profundamento e discusión académica dos temas do programa.
Seminario As sesións maxistrais complementaranse con outras (SEMINARIOS) que servirán para que os/as estudantes poidan presentar os resultados do seu labor nas ACTIVIDADES de aplicación a situación concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Algunhas destas PRÁCTICAS desenvolveranse con equipamento especializado na aula informatizada.
Solución de problemas Como complemento das súas explicacións (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS) o profesor tamén fará propostas de actividades de aplicación (PRÁCTICAS) que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais.
Traballos tutelados O/A estudante elaborará un TRABALLO TUTELADO, para o cal se ofrecerán varias opcións.
Proba mixta O/A estudante realizará unha PROBA ESCRITA final que se realizará na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. Esta proba abranguerá os contidos das sesións maxistrais e das lecturas obrigatorias, e tamén poderá constar de exercicios de aplicación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes