Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Dixitalización e edición
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo tutelado terá carácter obrigatorio e deberá ser entregado na data que se fixe o primeiro día de clase 50
Sesión maxistral Avaliarase a asistencia, participación e a actitude de cada alumno/a nas sesións expositivas. 5
Prácticas a través de TIC Avaliarase o progreso e aproveitamento de cada alumno/a nas aulas prácticas. 5
Proba obxectiva Realización dun exame final onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta breve ou test sobre os contidos impartidos nas sesións teóricas e os desenvolvidos polas fontes de información bibliográfica. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario acadar o 50% da puntuación máxima tanto do exame (proba mixta) como do traballo tutelado. De non acadar esta puntuación nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.


De non acadar a puntuación mínima de aprobado na oportunidade de xuño, en xullo haberá unha segunda oportunidade de superar traballo e proba.


O estudante será cualificado como non presentado cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.


Aos estudantes que teñan unha modalidade de matrícula con dispensa de asistencia seralles aplicadas as porcentaxes do 50% para o traballo e o 50% para a proba mixta final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes