Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación oral
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais serán avaliados de forma oral nos obradoiros desenvolvidos na aula. 10
Discusión dirixida Valorarase nomeadamente a participación activa nas discusións e a calidade das intervencións, tamén no relativo ás lecturas obrigatorias. 10
Obradoiro Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos orais, estudo de fontes documentais etc.). 15
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 20
Presentación oral Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 30
 
Observacións avaliación
Segunda oportunidade (xullo)

As persoas que non superaren a materia após asistiren regularmente ás aulas e realizaren un 60% das actividades propostas, deberán repetir unicamente aquelas actividades non superadas. Nos casos restantes, serán avaliadas pola realización dos traballos tutelados propostos polo profesor (100% da cualificación).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes