Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro No OBRADOIRO avaliarase a participación, o traballo en grupo, a adecuación, coherencia e cohesión lingüística e de expresión (oral e escrita), así como o correcto desenvolvemento das diversas ACTIVIDADES PRÁCTICAS deseñadas nas aulas de grupo intermedio e reducido.
Algunhas destas actividades poderán ser recollidas para o seguimento e a avaliación destas aulas. En todo o caso, avisarase con antelación os días en que estas actividades teñan de ser entregadas ao profesorado.
15
Proba mixta Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a compentencia comunicativa escrita). 50
Solución de problemas Nas ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc.
Estas actividades deberán entregarse nos días fixados (con antecedencia).
30
Presentación oral Na PRESENTACIÓN ORAL, froito dalgunhas sesións do Obradoiro, avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interación orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. 5
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Para superar a materia, é
preciso aprobar a PROBA MIXTA ESCRITA, a PRESENTACIÓN ORAL e as ACTIVIDADES PRÁCTICAS
avaliábeis
do OBRADOIRO e SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (cun mínimo de 5 puntos sobre
10)

1.2. Todas as probas e actividades
deberán cumprir unhas exixencias mínimas
de
corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica etc.).

1.3. As actividades prácticas entregaranse unicamente na aula, en
papel, nos días fixados previamente polo profesorado.

1.4. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de actividades se estas foren entregadas fóra de prazo sen causa
xustificada. Así mesmo, se se detectar plaxio, este levará consigo o suspenso da
actividade.

1.5. Os/As alumnos/as
que non superaren a materia en xaneiro poderán recuperala parcial ou totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas
detalladas na epígrafe seguinte.


2. CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os/As estudantes que suspenderen
a PROBA MIXTA ESCRITA deberán facer outra
proba do mesmo tipo que a da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar
establecidos no calendario oficial de exames da Facultade para a 2.ª
oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 50% da cualificación final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar.

2.2. Os/As estudantes que suspenderen
as ACTIVIDADES PRÁCTICAS avaliábeis (que
se corresponden con OBRADOIRO e SOLUCIÓN DE PROBLEMAS), deberán realizar outras actividades substitutivas que se lles
encomendaren e que constituirán o 45%
da cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará
públicas, xunto coas cualificacións da 1.ª oportunidade, as instrucións
correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega etc.). Así
mesmo, igual que na 1.ª oportunidade, o/a alumno/a deberá ter realizado e aprobado (con 5 puntos sobre 10) todas as
actividades
que foren solicitadas.

2.3. Os/As estudantes que non
acadaren a puntuación mínima na PRESENTACIÓN
ORAL
(con 5 puntos sobre 10),
que supón o 5% da cualificación final,
terán que defendela de novo na 2.ª oportunidade. A data, a hora e o lugar de realización
desta proba oral comunicarase durante a realización da PROBA MIXTA ESCRITA.


3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

3.1. En cada oportunidade de
avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO (NP) se non se presentar á proba escrita e á presentación
oral e, alén disto, se o número de actividades avaliábeis
presentadas for inferior ao 50%.


4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL CON DISPENSA
ACADÉMICA

4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica
recoñecida
deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na
avaliación no tocante ás
actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais
equivalentes).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes