A avaliación total por destrezas distribúese deste xeito:
Use of English: 40 (2 probas prácticas avaliables feitas na aula: 10%; traballo tutelado 10%; proba obxectiva: 20%)
Reading: 15 (1 exercicio práctico avaliable feito na aula: 5%; lectura de narración breve: 5%; proba na data oficial: 5%)
Writing: 15 ( 4 redaccións: 15%)
Speaking: 15 (discusión dirixida 5%; proba oral 10%)
Listening: 15 (2 exercicios prácticos avaliables: 10%; proba obxectiva: 5%)
IMPORTANTE:
Para superar a materia, a cualificación mínima é un 5.
A nota mínima da proba obxectiva de Use of English para poder sumar as
puntuacións das outras destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de
traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa
xustificada.
Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de
xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis
do 50% de actividades durante o curso.
AVALIACIÓN XULLO:
Os/as estudantes que en xaneiro non superen a materia ou aqueles/aquelas
que non presenten alomenos o 50% das redaccións terán que ir á
oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que demostrar ter acadadas
as competencias da materia nos porcentaxes totais establecidos mediante
a superación de probas nas distintas destrezas, redaccións
sustitutorias das feitas na aula, lectura dunha narración breve distinta
á proposta durante o cuadrimestre, e unha entrevista oral
individualizada coa profesora.
Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha
dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
principio de curso para planificar, en cada situación concreta e
individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as
porcentaxes de "discusión dirixida", "lecturas" e "seminario" .