Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas Será obrigatorio ler unha narración breve en lingua inglesa e contestar a unha serie de preguntas sobre ela por escrito. 5
Proba oral Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. 5
Proba obxectiva No período de avaliación de xaneiro o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva de Use of English (20 puntos), "Reading Comprehension" (5%), "Listening Comprehension" (5%) e "Writing" (5%). 35
Discusión dirixida Nas clases prácticas de inglés oral coa lectora avaliaranse todas as intervencións do estudantado ao longo do cuadrimestre. 5
Sesión maxistral Os coñecementos acadados na sesión maxistral avaliaranse a través de probas prácticas de uso da lingua inglesa, que se realizarán na aula ao longo do cuadrimestre. 10
Seminario A avaliación das competencias que o alumnado debe acadar tras participar nos seminarios realizarase a través dun exercicio de reading comprehension (5 puntos) e dous exercicios de listening comprehension (10 puntos) que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre. 15
Traballos tutelados O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Portafolios do alumno No portafolios avaliaremos as "writing tasks" (10 %) realizadas ao longo do curso. O 5% restante avaliará todo aquel material distinto aos traballos de redacción obrigatorios que de conta do progreso do alumno no proceso de aprendizaxe. Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a implicación persoal e a transversalidade, e moi especialmente a realización dun diario de aprendizaxe en lingua inglesa. 15
 
Observacións avaliación

A avaliación total por destrezas distribúese deste xeito:
Use of English: 40 (2 probas prácticas avaliables feitas na aula: 10%; traballo tutelado 10%; proba obxectiva: 20%)

Reading: 15 (1 exercicio práctico avaliable feito na aula: 5%; lectura de narración breve: 5%; proba na data oficial: 5%)

Writing: 15 ( 4 redaccións: 15%)

Speaking: 15 (discusión dirixida 5%;  proba oral 10%)
Listening: 15 (2 exercicios prácticos avaliables: 10%; proba obxectiva: 5%)

IMPORTANTE: 
Para superar a materia, a cualificación mínima é un 5.
A nota mínima da proba obxectiva de Use of English para poder sumar as
puntuacións das outras destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de
traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa
xustificada.
Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de
xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis
do 50% de actividades durante o curso.

AVALIACIÓN XULLO:
Os/as estudantes que en xaneiro non superen a materia ou aqueles/aquelas
que non presenten alomenos o 50% das redaccións terán que ir á
oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que demostrar ter acadadas
as competencias da materia nos porcentaxes totais establecidos mediante
a superación de probas nas distintas destrezas, redaccións
sustitutorias das feitas na aula, lectura dunha narración breve distinta
á proposta durante o cuadrimestre, e unha entrevista oral
individualizada coa profesora.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha
dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
principio de curso para planificar, en cada situación concreta e
individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as
porcentaxes de "discusión dirixida", "lecturas" e "seminario" .

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes