Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingüística Xeral
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Comprende todas as actividades desenvolvidas na aula nas que se terá en conta a asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso 10
Proba mixta Proba escrita que o estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o/s cuadrimestre/s 45
Traballos tutelados O estudante deberá realizar TRES actividades a longo do curso 45
 
Observacións avaliación

Observacións:

1. A CUALIFICACIÓN FINAL de xaneiro responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.1. Un 45% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA. No mes de novembro celebrarase unha proba parcial escrita liberatoria da materia: quen a supere, non deberá examinarse deses contidos no exame oficial de xaneiro.

1.2. Un 45% obterase da realización de TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en papel. As actividades deben entregarse nas datas fixadas.

1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso.

1.4.Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas ou os que teñen unha dispensa académica oficial, recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais ou grupais) avaliables. Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas deberán comunicarllo ao profesorado da materia durante a primeira semana de clase. De non facelo así, aplicaráselles o mesmo reparto porcentual que aos de primeira matrícula (45%+45%+10%). 

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO:

2.1. Repetición do exame no día oficial (ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial).

2.2. Realización da/s actividade/s suspensas (poden ser diferentes ás realizadas en xaneiro, aínda que co mesmo formato).

2.3. Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2ª oportunidade de xullo: (i) proba mixta escrita, 50%; (ii) actividades ou tarefas avaliables, 50%.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes