Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Introdución aos Estudos Literarios
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica Avaliación da resposta do alumno no referente ao seguimento da orientación exposta na aula pola profesora ou profesor,para a realización de recensións, fichas ou comentarios de lecturas 15
Lecturas Avaliarase o traballo de lectura realizado polo alumno 10
Obradoiro Na aula de prácticas se avaliará o proceso de traballo individual e en equipo 10
Presentación oral Terase en conta na súa avaliación o coñecemento da materia que o alumno demostre, así como a súa habilidade comunicativa e dominio da lingua oral na exposición na aula. 10
Sesión maxistral A participación do estudante na aula da sesión maxistral será considerada como parte da avaliación do curso 5
Proba mixta Cualificación na proba ou exame teórico da primeira convocatoria.
50
 
Observacións avaliación
Na 1º convocatoria, realizarase un exame teórico, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos realizados durante o curso.

Os alumnos que non superen entón a materia e pasen á 2º convocatoria, realizarán en xullo un exame máis extenso, que constará dunha parte teórica e outra práctica. A cualificación do exame será a nota obtida finalmente na materia.

En calquera das convocatorias, o alumno deberá obter unha nota mínima de 4 no exame para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía.

Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.



As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o profesor ou profesora baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación, concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.



Na primeira oportunidade de avaliación, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta", ou exame relativo á parte teórica da materia. 



Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co  docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes