Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas O estudante dará conta do aproveitamento das lecturas obrigatorias por medio de exercicios específicos de control de lectura. 10
Traballos tutelados Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para superar a materia. 20
Análise de fontes documentais As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. 20
Proba obxectiva Probas escritas individuais de carácter práctico e teórico, que se efectuarán, respectivamente, a metade e a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 en cada unha destas probas para poder facer media cos demais conceptos. 50
 
Observacións avaliación

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.


Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non se presentasen en tempo e forma.


O estudante será cualificado con Non Presentado en caso de que non realice as probas obxectivas previstas.


O estudante matriculado na modalidade de tempo parcial será dispensado de asistencia ás sesións prácticas. A porcentaxe da avaliación correspondente a estas será compensado na baremación das probas obxectivas, que pasarán do 50% ao 70%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes