Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario A avaliación das competencias que o alumnado debe acadar tras participar nos seminarios realizarase a través dun exercicio de "reading comprehension" (5 puntos) e dous exercicios de "listening comprehension" (10 puntos) que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre. Na data oficial, o alumnado deberá tamén facer unha proba de "writing" (5% da nota final) 20
Discusión dirixida Nas clases prácticas de inglés oral coa lectora avaliaranse todas as intervencións do estudantado ao longo do cuadrimestre. 5
Traballos tutelados O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Proba obxectiva No período de avaliación de xuño o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva de "Reading comprehension" (5 puntos) e "Listening Comprehension" (5 puntos). Ao longo do curso o alumnado terá que realizar dúas probas obxectivas de "Use of English" que avaliarán todo o traballo feito nas aulas (30%). Se non acadan máis dun 5, deberán realizar a proba final de Use of English na data oficial de xuño. 40
Proba oral Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. 5
Portafolios do alumno No portafolios avaliaremos as "writing tasks" (10 %) realizadas ao longo do curso. O 5% restante avaliará todo aquel material distinto aos traballos de redacción obrigatorios que dea conta do progreso do alumno no proceso de aprendizaxe. Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a implicación persoal e a transversalidade. 15
Lecturas Será obrigatorio ler unha ou dúas narracións breve(s) en lingua inglesa e contestar a unha serie de preguntas sobre ela(s) por escrito. 5
 
Observacións avaliación

A avaliación total por destrezas distribúese deste xeito:

Use of English: 35 ( traballo tutelado 5%; probas obxectivas: 30%)

Reading: 15 (1 exercicio práctico avaliable feito na aula: 5%; lectura de narración breve: 5%; data oficial: 5%)

Writing: 15 (un mínimo de 4 redaccións: 10%; data oficial: 5%)

Speaking: 15 (discusión dirixida 5%; traballo tutelado 5%; proba oral 5%)

Listening:
15 (2 exercicios prácticos avaliables: 10%; data oficial: 5%)

O 5%
restante avalía o progreso xeral do alumnado segundo se reflicte no seu
portafolios.

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das
distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima
das probas
obxectivas de Use of English e das probas que avalían as catro destrezas
deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos que acaden máis dun 5 nas
probas prácticas de "Use of English" feitas ao longo do cuadrimestre
estarán exentos da parte de "Use of English" na proba obxectiva de
xuño.  Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada. Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

AVALIACIÓN
XULLO:
Os/as estudantes que en xuño non superen a materia ou
aqueles/aquelas que non presenten o "Project" ou o 50% das redaccións
así como os/as que non realicen ao menos un 50% dos exercicios prácticos
de "Use of English", "Reading" e "Listening", ou aqueles que teñan menos dun 4
nalgunha das partes –aínda que a nota total sexa superior a
5–  terán que ir á oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que
demostrar ter alcanzado as competencias da materia mediante a superación
de probas nas distintas
destrezas, redaccións sustitutorias das feitas na aula, traballo escrito
e defensa do mesmo en sustitución do"project", lectura de narracións
breves e, e unha entrevista oral
individual coa profesora. As instruccións e porcentaxes concretas
faranse públicas despois da publicación das cualificacións finais en
xuño.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha
dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
principio de curso para planificar, en cada situación concreta e
individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as
porcentaxes de "discusión dirixida", "lecturas", "traballos tutelados",
"seminario" e "portafolios".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes