Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española Medieval
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán varias preguntas centradas na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura e nas que o estudante ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos.
50
Obradoiro Na aula, realizaranse diferentes actividades nos obradoiros, que serán obxecto de avaliación 20
Traballos tutelados Avaliarase a orixinalidade, correcta estructuración de contidos, corrección expositiva, calidade e profundidade da análise así como a súa correcta presentación e logro dos obxectivos propostos. Valorarase a capacidade de relación co visto na aula. 30
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos, actividades, etc. que se entreguen nas datas establecidas, en soporte papel, e seguindo as normas para a entrega de traballos escritos que se precisarán en cada caso.

Non se poderá aprobar a materia sen ter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta.

Na segunda oportunidade (xullo), a data de entrega dos diferentes traballos do alumno que se haberán avaliar será o mesmo día que a fixada oficialmente para o exame.

MOI IMPORTANTE: O alumno será avaliado e calificado sempre que acuda ao exame. Recibirá a cualificación de "NON PRESENTADO" cando non acuda.

O alumno con dispensa de asitencia a clase recoñecida poderá ter asistencia personalizada dos profesores para a realización das diversas actividades durante o curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes