Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española do Século de Ouro 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de profundizar en cada un dos aspectos máis relevantes das obras e autores nos que se centra o programa e ofrecer e comentar a bibliografía coa que se ha de completar o tema. A exposición do profesor complementarase sempre coa lectura de textos literarios e comentario, e a intervención pertinene dos alumnos que o consideren.
Aprendizaxe colaborativa Nas sesións de titorías en grupos reducidos traballaranse os textos con esta metodoloxía
Traballos tutelados Os alumnos terán que realizar un traballo tutelado ao longo do curso. O tema e a extensión decidiráse coa profesora.
Análise de fontes documentais Será fundamental traballar coas fontes documentais, tanto bibliografícas, como textos dos autores do Século de Ouro que se estudan en esta materia. Para iso leranse e comentaranse os textos, procederase o seu estudo material, textual, filolóxico e estilístico.
Lecturas Será fundamental que a lectura dos textos de lectura obligatoria se faga con antelación a explicación dos temas. Ademais de esas lecturas, as clases centraranse nos textos e complementaranse con lecturas complementarias.
Eventos científicos e/ou divulgativos Ao longo do curso celebraranse diversos eventos científicos ou divulgativos, coma conferencias, etc. sobre os temas obxeto do program ao que é conveniente que asistan os alumnos.
Proba mixta Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba mixta escrita que permitirá avaliar os coñecementos que se obtiveron ao longo deste período acerca da materia.
Para aqueles que non superen a proba haberá unha segunda oportunidade no mes de xullo.
Será preciso obter unha nota mínima de 4 sobre 10 (e compensar coas outras fontes de avaliación) para poder superar a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes