Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española do Século de Ouro 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Na avaliación do traballo tutelado teráse en conta os seguintes aspectos: a correcta presentación formal, segun os criterios marcados polo profesor, a correción ortográfica e gramatical, a estructuración adeucada, a claridade expositiva,a orixinalidade e a madurez dos contidos e a utilización de bibliografía e fontes documentais axeitadas ao nivel do alumno e do tema. 50
Proba mixta En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta que consistirá en unhas preguntas sobre os contidos e un comentario ou un exercicio sobre un ou varios textos.

Aplicaranse os mesmos criterios citados anteriormente e, ademáis, a adecuación da resposta á pregunta formulada.
50
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos, actividades, etc. que se entreguen na data establecida, en soporte papel, e seguindo as normas para a entrega de traballos escritos.

Non se poderá aprobar a materia sen ter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta.

Na segunda oportunidade (xullo), a data de entrega das actividades do alumno será o mesmo día que a fixada oficialmente para o exame.

MOI IMPORTANTE: O alumno será avaliado e calificado sempre que acuda ao exame. Recibirá a cualificación de "NON PRESENTADO" cando non acuda o exame.

Arbitraránse medidas para atender e avaliar aos alumnos a tempo parcial con dispensa académica recoñecida.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes