Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguas do Mundo
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. As profesoras prestaranlle axuda no momento en que o precise e demande. Unha das actividades poderá ter carácter grupal, co fin de desenvolver a capacidade de traballar en grupo de xeito colaborativo.
30
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e a participación na aula. 10
Obradoiro Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión das profesoras, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 20
Proba mixta Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple, que suporá o 40% da cualificación final. 40
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1. O plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 40% obterase pola PROBA MIXTA que os estudantesrealizarán ao remataren a materia e nas datas, horas e lugar establecidos noshorarios oficiais de exames do centro. Teñen dúas oportunidades: unha primeira ao final do primeiro cuadrimestre, e unha segunda na primeira quincena dexullo. Moi importante: os estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita para poder superar a materia. Ningún estudante obterá o 100% da súa cualificación final con esta proba: todos serán cualificados coa distribución porcentual aquí recollida.

2.2) Un 50% obterase da realización das ACTIVIDADES (individuais ougrupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico, e optativamente en papel. As actividades deben entregarse nas datas fixadas: de non ser así, computarán cun 0 na primeira oportunidade, e avaliaranse (de ser o caso) na segunda.

2.3) Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evoluciónindividual do alumno, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a súa forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementosque teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo.

3. CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES E 2ª OPORTUNIDADE DE XULLO.

3.1)De suspender a materia en xaneiro por non acadar 4 puntos na proba mixta,deberá facela de novo en xullo (2ª oportunidade).

3.2) De suspender a materia en xaneiro por non superar ou entregar algunha/s actividade/s, deberá realizar as actividades substitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade: consideraranse superadas só aquelas nas que acadara un 5.00. Os profesores farán público en xuño de 2012 qué actividades fará cada alumno, así como unha serie de instrucións: o prazo de entrega remata coa celebración da proba mixta de xullo (2ª oportunidade.)

3.3) Os estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5 puntos no apartado de asistencia e participación,cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2ª oportunidade de xullo:(i) proba mixta escrita, 50%; (ii) actividades ou tarefas avaliables, 50%. A mesma porcentaxe se aplicará ás persoas que teñan licenza especial que xustique a falta de asistencia.

3.4) Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas e que,ademais, (b) entreguen unha porcentaxe igual ou superior ao 50% das actividades avaliables.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes