Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirán en aulas expositivas arredor dos conceptos básicos da materia, tanto no ámbito dos contextos como dos autores representativos de cada época e das obras máis significativas.
Solución de problemas Responderase de forma pormenorizada a aquelas dúbidas e problemas que os alumnos presenten nas distintas sesións tendo sempre en conta os contidos que se espuxeron nas sesións maxistrais.
Obradoiro A combinación de diferentes aspectos formativos de carácter práctico , (debates, lecturas, etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos distintos contidos da materia.
Análise de fontes documentais Para o desenvolvemento das aulas os alumnos deberán arriquecer as explicacións coa consulta de fontes bibliográficas e documentais que o profesor indicará puntualmente ao longo do curso.
Lecturas Todos os alumnos deberán realizar un número de lecturas obrigatorias que lle permitirán levar a cabo as actividades desenvoltas nas aulas: exercicios, debates ou comentarios.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes