Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española dos Séculos XVIII e XIX
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta A proba mixta recoñecerá o aproveitamento das sesións maxistrais a a súa correcta aplicación nos obradoiros. Complementa as cualificacións obtidas neles e segue tamén aqueles criterios. 35
Obradoiro Cada actividade exposta na aula ou entregada ao profesor terá unha cualificación singular que, no conxunto, contribuirá á avaliación global. En todo caso, valorarase a lectura e o estudo dos textos obrigatorios, a interacción co conxunto do alumnado da aula, a capacidade crítica e de síntese, tanto en expresión oral como escrita e, neste último caso, a corrección da súa expresión en español, que será a lingua de traballo. 60
Sesión maxistral A asistencia e a participación activa nas sesións maxistrais será avaliable de maneira continuada. 5
 
Observacións avaliación

Observacións á
avaliación.

Por
esixencias do deseño da aplicación con que se elabora esta guía docente, as
porcentaxes anteriores son só orientativas.

Para seren aceptados, os traballos e
actividades deberán entregarse ou exporse na data establecida.

O/A estudante terá avaliación e cualificación
sempre que acuda ao exame. De non presentarse ao exame, a cualificación será de
"NON PRESENTADO/A".

Non se poderá aprobar a materia sen acadar
unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. Non se pode obter o 100% da cualificación final con esta
proba. A cualificación final de todo o alumnado responderá a una distribución
porcentual.

Na segunda oportunidade (xullo), a data de
entrega das actividades será a do día fixado oficialmente para o exame.

Aqueles estudantes que obteñan o
recoñecemento da dispensa académica deben poñerse en contacto co profesor para as
actividades que este determine en cada caso.

Os traballos escritos terán como único
soporte o papel, non o correo electrónico.

É
indispensable a corrección ortográfica, de redacción e de presentación. Cada
falta grave pode supor até medio punto na avaliación particular da actividade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes