Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Por asistencia as aulas poderase obter un 10% (un punto). Por cada día de inasistencia descontarase 0,20, independentemente do motivo que a orixine). 10
Recensión bilbiográfica Son os informes sobre as lecturas. No caso xeral, teñen un valor do 90%. No caso particular de quen teña solicitado e obtido a exención de asistencia, terán un valor do 100%. 90
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: bastará para aprobar a asignatura obter unha nota media de cinco puntos, contando informes (90%) e asistencia (10%). . No caso dos estudantes a tempo parcial que teñan solicitado e obtido a dispensa de asistencia ás aulas, os informes terán un valor do 100%. Os informes nos que se detecte copia total ou parcial serán cualficiados con cero puntos,


Segunda oportunidade: Poderán repetirse os informes que obtiveran unha puntuación inferior a cinco, incluídos os non presentados no seu momento. Deberán entregarse na data oficial. Para aprobar deberá obterse unha nota media de cinco puntos no conxunto dos informes. A copia total ou parcial nesta fase implicará o suspenso da asignatura cunha cualificación de cero puntos. 


Non presentados: conforme ás directrices da Comisión Académica, só os que entreguen menos do 50% dos informes figurarán nas actas como "non presentados".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes