Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Comunicación Oral
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, transcrición fonético-fonolóxica etc.). 10
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 10
Presentación oral Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
Recensión bilbiográfica Elaboración escrita dunha ou máis recensións bibliográficas de libros e/ou artigos pertinentes para a formación do estudantado. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, ben como a calidade lingüística. 15
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 40
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia,
o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos
sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10,
para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.

O
alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo,
todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá
realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non
puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a
través do correo electrónico.

Na
segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A cualificación de

NON PRESENTADO/A

será considerada cando o/a alumno/a non asistir
ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior de
actividades ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes