Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Medieval Galego-Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas Terán de realizarse as lecturas obrigatorias que se recollen no apartado Fontes de información. 10
Presentación oral Exposición oral da análise dun ou varios textos, previamente acordados coa profesora. 10
Traballos tutelados Análise, seguindo un roteiro fornecido pola profesora, dalgunha(s) das obras de lectura obrigada. 15
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. 40
Obradoiro Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 15
Recensión bilbiográfica Texto escrito, de carácter avaliativo e crítico, de determinadas aportacións bibliográficas que serán marcadas pola profesora. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitaren e obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coa profesora para fixar os traballos que deberán entregar.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, nas datas
marcadas pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os
traballos que foren solicitados e superar as probas marcadas pola profesora.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes