Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Edición e Comentario dos Textos Galegos e Portugueses
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a realización de prácticas ecdóticas e de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escolleito entre unha serie de propostas presentadas no inicio de curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes de diverso tipo.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de edición e comentario etc.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes