Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia e Cultura de Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Serán valorizados o rigor analítico exibido, a claridade da exposición por escrito (e, no seu caso, tamén oral se for exposto na aula) e o axeitamento da metodoloxía ao traballo de pesquisa realizado. 30
Discusión dirixida Valorizarase a capacidade de argumentar e contrastar a opinión propria coa dos compañeiros da aula. Toda opinión deberá estar debidamente fundamentada, non emitida á toa. 15
Recensión bilbiográfica Será objecto de estimación a capacidade analítica, de comprensión e de síntese a respecto do material a recensar, ben como a claridade expositiva do discurso. 10
Proba obxectiva Será avaliada a exposición realizada polo aluno consonte a criterios de articulación da exposición e edecuación ás cuestións formuladas. 40
Aprendizaxe colaborativa Apreciarase de modo especial a capacidade para traballar en grupo e a receptividade das argumentacións dos demáis. 5
 
Observacións avaliación

1. Será requisito imprescindíbel para aprobar a disciplina, superar a proba obxectiva. Caso da suma das cualificacións do conjunto das actividades ultrapasar os cinco pontos sen se teren alcanzado un mínimo de dous na proba obxectiva, farase constar como cualificaciónfinal 4.9 implicando un suspenso na materia.


2. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán umha diminución da nota.


3. Os alunos/as en situación de dispensa académica ou matrícula a tempo parcial deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme ás variantes para eles estabelecidas no apartado de metodoloxias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes