Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Gramática Galega
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas os contidos, a clareza e rigor expositivo, e a calidade da lingua utilizada. 40
Recensión bilbiográfica Neste exercicio o alumno ou a alumna debe elaborar un comentario crítico dunha obra de lectura marcada pola persoa responsábel da materia. Teranse en conta a capacidade crítica, a clareza expositiva e argumentativa e a de síntese, ben como unha práctica lingüística de calidade. 15
Traballos tutelados No traballo que cada estudante ten de realizar concederase importancia ao tratamento do tema, á clareza expositiva e argumentativa, á calidade da lingua e á capacidade de chegar a conclusións propias por parte da alumna ou do alumno. 20
Presentación oral Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
 
Observacións avaliación


1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación.


2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.


3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.


4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior.


5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes