Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingüística Xeral
   Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir e organizar novos coñecementos (integrándoos nos xa posuídos) sobre o funcionamento da linguaxe e das linguas, tanto no que atingue á súa estrutura interna como nas súas dimensións cognitiva, social, aplicada, ...
Interpretar os textos científicos e divulgativos da lingüística, e relacionar os diferentes contidos tratados. Adquirir novo coñecemento a partir da súa lectura, integrándoo de maneira crítica.
Buscar e seleccionar información sobre a linguaxe e as linguas.
Utilizar diferentes metodoloxías e técnicas habituais no estudo da linguaxe.
Analizar a estrutura das linguas nos seus diferentes niveis.
Analizar a linguaxe nas súas dimensións cognitiva, social, psicolóxica, ...
Sintetizar, relacionar e elaborar xeneralizacións a partir dos datos dispoñibles, de forma selectiva, para a resolución de problemas lingüísticos.
Organizar e expor contidos relativos á linguaxe, as linguas e a comunicación de forma organizada e argumentada, seguindo as pautas aceptadas no campo.
Utilizar modos argumentativos e formas de traballo característicos da ciencia lingüística.
Analizar e comentar textos e discursos utilizando apropiadamente as técnicas de análise.
Traballar cooperativamente na resolución de problemas de carácter lingüístico.
Afrontar sen prexuízos os novos coñecementos sobre a linguaxe, as linguas e a diversidade lingüística, así como as novas perspectivas e métodos.
Seguir e integrar sen prexuízos os avances doutras disciplinas que axuden ao progreso da lingüística, tanto na súa dimensión teórica como na aplicada.
Contribuír ao desenvolvemento científico e social aplicando as competencias adquiridas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes