Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. 20
Lecturas O estudante dará conta do aproveitamento das lecturas obrigatorias por medio de exercicios específicos de control de lectura. 10
Proba obxectiva Probas escritas individuais de carácter práctico e teórico, que se efectuarán, respectivamente, a metade e a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 en cada unha destas probas para poder facer media cos demais conceptos. 50
Traballos tutelados Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.


Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non se presentasen en tempo e forma.


O estudante será cualificado con Non Presentado en caso de que non realice as probas obxectivas previstas.


O estudante matriculado na modalidade de tempo parcial será dispensado de asistencia ás sesións prácticas. A porcentaxe da avaliación correspondente a estas será compensado na baremación das probas obxectivas, que pasarán do 50% ao 70%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes