Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Tecnoloxías da Información e da Comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC Actividades curtas a desenvolver na aula informatizada. Cada semana será proposta unha nova actividade. As actividades realizadas serán utilizadas para valorar a participación dos/das estudantes. 10
Traballos tutelados Dous traballos dunha maior extensión, que serán realizados ao longo do curso baixo a supervisión dos docentes 40
Proba mixta Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

A primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito:

  • O
    50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita
    teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do
    curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nesta proba escrita
    para superar a materia. Non sendo así, a notá máxima global da materia
    non será superior a un 4,9.
  • O 40% da nota global da materia
    corresponderá a dous traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos
    ao longo do curso, utilizando os recursos da aula informática. O
    enunciado dos traballos será publicado no campus virtual da UDC.
  • O
    10% da nota global da materia corresponderá á participación en
    actividades prácticas na aula de informática. Cada semana será proposta
    unha nova actividade para resolver durante a hora correspondente ao
    grupo mediano. A cualificación final neste apartado virá dada polo
    número de actividades realizadas e a súa corrección.

OBSERVACIÓNS:

  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE
aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira
oportunidade

A segunda oportunidade constará de tres partes:

  • Proba
    escrita teórica (50% da nota final), para recuperar a nota da proba
    teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 2
    (sobre 5) nesta proba escrita para
    superar a materia. Non sendo así, a notá máxima global que se poderá
    alcanzar na materia non será superior a un 4,9.
  • Proba escrita práctica (10% da nota final), para recuperar a nota das actividades prácticas dos grupos medianos.
  • Dous
    traballos prácticos (40% da nota final) para recuperar a nota dos
    traballos tutelados. Estes traballos poderán ser, a criterio dos
    docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar
    dificultade. O enunciado dos traballos será publicado no Moodle da UDC
    logo de publicarse as cualificacións definitivas da primeira
    oportunidade.

OBSERVACIÓNS:

  • Cada estudante poderá escoller se opta a recuperar unha, dúas ou as tres partes.
  • Se
    un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das
    tres partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa
    parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 2 na proba escrita
    teórica na primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda
    oportunidade para aprobar a materia.
  • Terá cualificación de NON
    PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das tres partes

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes  con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso de actividades que requiran dun equipamento específico, se lles facilitará, dentro do posible, unha alternativa viable se a solicitan.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes