Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos estudados no curso e recolhidos no temario da asignatura.
Recensión bilbiográfica Reseña dun libro indicado polo profesor. A recensión non supón un simple resumo da obra senon unha lectura profunda, un analise do seu contido e unha valoración critica se proceder. A extensión non excederá das seis follas mecanografadas a tamanho 12 (descontada a capa).
Obradoiro Analise, comentario e debate dunha novela historica en grupos reducidos. Deberán participar no debate todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas. Se for o caso, o profesor poderá exixir a entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con ele conforme a a un cronograma previamente combinado.
Lecturas Lectura por conta do aluno do material bibliográfico seleccionado e recomendado polo profesor. As tais lecturas estarán relacionadas coa materia do temario.
Sesión maxistral Exposición oral a cargo do profesor, centrada nos contidos do programa da asignatura
Discusión dirixida Debate na aula na base de materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo aluno en horas non presenciais. O profesor orientará o debate. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas. Se for o caso, o profesor poderá exixir a entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con ele conforme a un cronograma previamente combinado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes