Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida Valorizarase a capacidade de argumentar e contrastar a opinión propia coa dos compañeiros e compañeiras da aula. Toda opinión deberá estar debidamente fundamentada, non emitida á toa. 10
Recensión bilbiográfica Será obxecto de estimación a capacidade analítica, de comprensión e de síntese a respecto do material a recensar, ben como a claridade espositiva do discurso. 40
Proba obxectiva Será avaliada a exposición realizada polo aluno consoanta a criterios de articulación e coerencia expositiva e adecuación ás cuestións formuladas. 40
Obradoiro Apreciarase de modo especial a capacidade para traballar e debater en grupo e a receptividade para coas argumentacións dos demáis.
10
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia é obrigatorio: - Superar a proba obxectiva - Ter entregado en tempo e forma todas as actividades (recesions e comentarios) encargadas durante o curso. Caso da suma das cualificacións do conxunto das metodoloxías ultrapasar os cinco pontos sen se teren alcanzado un mínimo de dous na proba obxectiva, farase constar como cualificación final 4,9 implicando un suspenso na materia.


2. Serán avaliados os alumnos que asistiren à proba obxectiva e entregaren a totalidade das actividades encargadas (recensións e resumos). Onde non, serán considerados como non presentados.


3. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán unha diminución da nota.


4. Os alumnos/as en situación de matrícula a tempo parcial ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme ás variantes para eles estabelecidas no apartado das metodoloxías.


5. Na "segunda oportunidade" de xullo, a avaliación das actividades interactivas correspondentes ás metodoloxías "Obradoiro" e "Discusión dirixida" será realizada sobre a base da presentación, por parte do alumno/a, de resumos das leituras obxecto de debate nas ditas actividades ao longo do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes