Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Englóbanse nesta categoría todas aquelas actividades individuais ou grupais realizadas na clase ou fóra dela e que se anuncien como puntuables: resumos, exposicións orais, análises de texto, revisións, etc. Terán lugar nas clases de D.I. e T.G.R., polo que todas serán cuidadosamente supervisadas polo profesorado. 30
Sesión maxistral Ademáis de nos traballos e actividades feitos ao longo do curso e avaliados nas outras categorías, cada estudante terá que amosar o seu dominio dos contidos e destrezas definidos para esta materia nunha proba escrita a se realizar na data oficial do exame final. Deberase obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 (nunca menos de 1,75 sobre 5 en ningunha das dúas partes da proba) para que a nota resultante poida ser sumada á obtida no resto das actividades avaliables. 50
Lecturas Como xa se explicou, as lecturas son a base na que se sustenta o éxito do curso e no curso. Sen elas, non é posible acceder a ningunha das outras tarefas, polo que inciden no 100% da nota de cada estudante. Para incentivar o esforzo continuado coas lecturas asignadas, haberá tests de lectura. 10
Discusión dirixida O profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe, tendo en conta a súa participación activa nas actividades individuais, así como a súa actitude colaborativa nas tarefas a desenvolver en grupo, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. 10
 
Observacións avaliación
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
  • Obterase una calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%. 
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 1) unha proba escrita (co
    mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na oportunidade de xuño) que avaliará o dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota; 2) as actividades que se especifiquen no seu momento, que se deberán entregar na data do exame e que contarán o outro 50% da nota. 
  • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as porcentaxes de "Discusión dirixida", "lecturas" e "traballos tutelados". 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes