Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Na data oficial os estudantes deberán realizar unha proba obxectiva na que demostren os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Actividades iniciais Farase unha proba inicial para determinar o nivel do alumnado na materia e comprobar o punto de partida para iniciar as explicacións.
Sesión maxistral Impartiranse nas sesións comúns de carácter expositivo. O profesor presentará os temas e desenvolverá os apartados que se consideren de especial dificultade.
Aprendizaxe colaborativa Nas clases interactivas traballarase con textos de lectura obrigatoria e faranse os controis de lectura pertinentes. Ao final de cada cuadrimestre realizarase nas aulas un control de lectura avaliable.
Obradoiro Nas titorías en grupo reducido desenvolveranse comentarios de textos das lecturas. O/A estudante deberá seleccionar dous textos (un por cuadrimestre) para elaborar un comentario por escrito que se realizará nas aulas e será avaliado.
Lecturas O/A estudante terá que realizar ao longo do curso as lecturas obrigatorias que se especifican no programa. É preciso que as lecturas se realicen previamente á explicación do tema para o correcto aproveitamento das explicacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes