Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Léctura, análise e comentario de códices, textos e/ou paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...) que, seguindo o modelo realizado nas aulas prácticas, serán recollidos polo profesorado ao longo do curso. 10
Prácticas a través de TIC O alumnado deberá utilizar os recursos en rede que se inclúen no Paso 8 desta Guía para realizar unha Antoloxía de Lírica Medieval que será entregada unha vez que rematen as aulas dedicadas á explicación e estudo deste período. As normas para a realización da Antoloxía poden descargarse da plataforma moodle. 15
Recensión bilbiográfica Texto escrito en que o alumnado comentará, seguindo un roteiro fornecido polo profesorado, algunhas das obras de lectura obrigada. 10
Presentación oral Exposicións orais, na aula, en que cada alumno/a realizará a análise e comentario dalgunha das obras de lectura obrigada. 15
Lecturas No Paso 8 desta Guia está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso. O control das lecturas será realizado na aula, en paralelo ás exposicións orais. 10
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes....
Para a realización desta proba poderá dividirse a materia en dúas partes, de forma que se realice unha en febreiro/marzo e a outra en xuño.
40
 
Observacións avaliación

O alumnado que non superar a materia na primeira convocatoria, deberá
realizar en xullo aquela(s) parte(s) que non teña superadas, así como
entregar todos os traballos obrigatorios.

Será considerado NON
PRESENTADO/A o alumno ou alumna que non se presente á proba escrita ou
non realice a metade das actividades programadas.

Os/as alunmos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa
académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os
estudantes con matrícula ordinaria. As datas e horas de realización desas
probas poderán concertalas a través do correo electrónico. Para superar a materia, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes