Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Discusión dirixida Nesta materia chamámoslle discusión dirixida ás actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados polos profesores, nas que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista cos profesores individualmente ou por parellas.
Seminario Nesta materia denomínanse seminarios aquelas aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de completar, redacciones, etc.
Presentación oral Proba na que o alumno / a alumna expón un tema onde a polémica xurde dun texto escollido polo propio alumno. Esixirase o uso de Powerpoint ou similar como apoio para a exposición.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno ou alumna, cos comentarios e cualificacións asignadas polos profesores, o que lle permite visualizar o seu progreso. Nesta materia deberán incluirse todas as redaccións realizadas ao longo do curso coas correccións e comentarios das profesoras, así como todo o traballo persoal que o alumno desenvolva fóra da aula que dea conta do seu esforzo e progreso na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes