Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba oral Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación, en formato de entrevista individual ou en parella, na que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Avaliaranse a facilidade de facerse comprender, a corrección lingüística, a fluidez e capacidade de comunicarse, e a fonética. 10
Seminario A avaliación das competencias que o alumnado debe acadar tras asistir e participar nas actividades que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre. 15
Proba obxectiva No período de avaliación, o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva escrita, baseada nos contidos do libro de texto e nas outras materias impartidas na aula. Incluiranse unha redacción, unos exercicios e unha proba aural (listening). 40
Portafolios do alumno No portafolios avaliaremos as tarefas escritas realizadas ao longo do curso para ambolos profesores. 20
Presentación oral Proba na que o alumno / a alumna expón un tema onde a polémica xurde dun texto escollido polo propio alumno. 15
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima da proba obxectivas escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP.

AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que en xuño non superen a materia terán que ir á oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que demostrar ter alcanzado as competencias da materia nas porcentaxes totais establecidas mediante a superación de probas nas distintas destrezas, redaccións sustitutorias das feitas na aula, traballo escrito e presentación oral, e unha entrevista oral individual co(a) profesor(a), segundo se lles informará antes do mes de xullo.

DISPENSA ACADÉMICA: Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida
unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade,
serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda
oportunidade de xullo. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes