Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Tradución
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nos grupos medianos e, principalmente, nos pequenos o alumnado realizará actividades diversas (prácticas guiadas e libres de traducción, individuais e en grupo, exposicións, debates, solución de problemas, etc) baixo a supervisión do profesorado.
Proba mixta Haberá unha proba na data oficial en xuño. Nela determinarase a competencia de cada estudante no tocante aos conceptos vistos e, principalmente, a súa destreza traducindo.
Sesión maxistral Comezarase cada tema cunha exposición oral dos conceptos teóricos, que se completará con exemplos diversos en cada punto.
Traballos tutelados Exercicios relacionados coa traducción, supervisados polo profesorado, individuais ou en grupo, feitos na clase e/ou fóra, segundo determine o profesorado en todo momento.
Actividades iniciais Na primeira clase o profesorado diseñará algunha actividade para determinar o nivel de cada estudiante nas linguas nas que se imparte a materia, así como o á súa experiencia coa traducción.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Presentación oral Haberá unha proba oral ao longo do curso na que os alumnos amosen as súas habilidades comunicativas.
Lecturas Os profesores proveerán os estudiantes con lecturas relacionadas coa materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes