Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Tradución
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Farase unha exposición oral en inglés correspodente co segundo "traballo tutelado" --ver enriba. 10
Traballos tutelados Haberá dous traballos tutelados:

1. Unha tradución individual do inglés ao español.
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés. Este traballo terá que ser exposto oralmente na aula--ver abaixo.

O resto das directrices serán explicadas na aula.
40
Proba mixta O exame consistirá nuhna parte de traducción ao inglés (20%), unha de traducción ao galego (10%), e unha de traducción ao español (10%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas partes para aprobar o exame. Ademáis haberá unha parte teórica opcional equivalente a un 10% sobre a nota media do curso. 50
 
Observacións avaliación

-Se un/ha estudante non supera a proba mixta ou non realiza o 80% do resto das actividades en cada unha das partes da asignatura (inglés, español e galego) deberá "recuperalas" en xullo.</p><p>-As actividades feitas na clase formarán parte deste 80%, xunto cos traballos tutelados, a recensión e a proba oral. Os/As alumnos/as que non poidan vir á clase por causas xustificadas (i.e. cun xustificante válido), e que non teñan a condición de estudantes a tempo parcial, terán que
poñerse en contacto cos docentes. Nós indicarémoslles as tarefas extra que
teñen que facer para suplir a súas faltas de asistencia e participación nas
actividades da aula. Esta cláusula será válida tanto para xuño como para xullo.


-Para superar a materia, o valor medio ponderado das cualificacións obtidas nos obradoiros, os traballos tutelado, a recensión e a proba oral deberá ser igual ou superior a 4. Como parece lóxico, a nota final/total (i.e. tendo en conta as actividades mencionadas, as tres partes da asignatura, máis o exame) terá que ser igual ou superior a 5.

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades.

-A asistencia, participación significativa e bon comportamento na aula suporá ata un 10% extra sobre a nota final. Para poder optar a esta porcetaxe o/a alumno/a deberá participar ao menos no 85% das clases.

-Os/As alumnos/as que non se presenten ás probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contato cos profesores o antes posible.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes