Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa e os seus Usos 1
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Redaccións sobre distintos temas relacionados co traballo de clase. 20
Proba mixta Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. 50
Proba oral Entrevista individual; preguntas de comprensión; comprobación das destrezas orais do alumno. 30
 
Observacións avaliación
  1. Entrega de traballos tutelados: 25-10-2013; 22-11-2013; y 20-12-2013

  2. É necesario entregar os 3 traballos para poder optar a que se sumen o
    resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. Non serán
    recollidos para a súa avaliación os traballos dos alumnos que non
    asistan polo menos ao 80% das clases interactivas (reading/writing skills); controlarase a asistencia con firma en todas as clases (expositivas, interactivas e en grupos reducidos).

  3. As datas para a entrega de tarefas e para a realización da proba
    oral deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir coas
    datas debe xustificarse documentalmente.
  4. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade
    para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o
    cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben
    asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fóra nas
    vacacións de Nadal. 
    Isto é válido tanto para os/as alumnos/as da UDC coma para os/as alumnos/as Erasmus.
  5. Proba oral: entre o 3 e o 20 de decembro 2013. As datas e horas exactas anunciaranse en Moodle. 
  6. Un 5 sobre 10 é necesario en cada apartado da avaliación para superar a materia.

  7. A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico,
    basearase na repetición da(s) parte(s) da avaliación que non se
    superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
  8. A oportunidade de
    xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas;
    soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
  9. Obterá unha
    cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba mixta e que realizase menos do 50% do resto do traballo.
  10. Aqueles alumnos que oficialmente están matriculados a tempo parcial e posúan unha dispensa académica, tal e
    como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán
    avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para
    a segunda oportunidade de xullo.
  11. Trátase dunha materia obrigatoria do 3er
    curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en
    canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto
    curso na que o/a estudante estea matriculado/a.
    Obviamente, a primeira obriga
    dun/dunha alumno/a de terceiro curso debería ser asistir ás materias de
    terceiro e cumprir as tarefas esixidas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes